Agradecemos ao alumnado e familias a participación voluntaria no xa tradicional concurso de postais de nadal.
Damos os parabéns a Noa Lagares Baldomir de 6º de infantil e a súa familia, que deseñaron unha felicitación sinxela e xeitosa.
VISITA DE PAPÁ NOEL
O xoves 18 recibimos a visita de PAPÁ NOEL. Entregou agasallos a toda a rapazada.
Graciñas ao concello pola actividade, especialmente as concelleiras Cristina Capelán e Catrina Queijo.
FESTIVAL DE NADAL 2025/26
UN NADAL DE CINE
Que teñen en común as películas "Brancaneves", "O rei León", "Mary Poppins", "o Grinch", "Spirit", "Titanic", "el padrino", "a Guerra das Galaxias" ... e o festival de nadal do Celso Emilio Ferreiro?
Cine e música xuntos para disfrutar, pasalo ben e celebrar entre todos e coas familias unha festa inesquecible, poñendo así o ramo ao primeiro trimestre.
jueves, 27 de noviembre de 2025
25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O martes 25 de novembro, montamos no vestíbulo do cole O NOSO CINE VIOLETA con un conxunto de consignas previamente elaboradas nas respectivas aulas de infantil e primaria.
A nosa pretensión foi lembrar que o verdadeiramente importante é o respecto a todas e a todos.
domingo, 2 de noviembre de 2025
FESTA DO OUTON0
O xoves 30 de outubro, celebramos a xa tradicional festa do outono. Decoramos o cole coas cabazas que pintamos e tallamos na casa. Cada un trouxo castañas para que asara o castañeiro que nos mandou o concello. Mercamos chocolate para acompañar a merenda. Disfrazámonos. Xogamos no patio aos xogos que preparou o profe Quique.
Pasámolo xenial como podedes ver no vídeo resumo:
jueves, 23 de octubre de 2025
O mércores 22 de outubro, alumnado de 5º de primaria do noso cole, e alumnado do CPI O Cruce, participaron nun encontro na Vía Verde. Foi dentro do programa "As Novas Xeracións da Vía Verde CTL", organizado pola asociación de concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle en colaboración coa Deputación da Coruña; co obxectivo de coñecer este recurso do territorio.
Saíron da estación de Queixas-Londoño e facendo un percorrido pola antiga vía do tren, chegaron ata a estación de Cerceda-Queixas.
martes, 21 de octubre de 2025
A rapazada de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, acompañados polos respectivos titores e por Suso, viaxaron ata o concello veciño da Laracha. Alí, no CEIP Ramón Otero Pedrayo, tiveron a oportunidade de participar nunha exhibición solidaria da Garda Civil.
martes, 17 de junio de 2025
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Nun día moi caloroso, a rapazada do 2º e 3º ciclos de primaria viaxaron ata as Brañas de Valga no concello de Mesía. Alí, na Aula da Natureza e Centro de Interpretación de Brañas de Valga, coñeceron o proceso de extracción de arxila na antiga barreira, que agora está convertida nunha lagoa chea de vida animal. Participaron nun taller de barro e deixaron ben demostrado que a intelixencia artística está máis de moda que nunca no Celso Emilio.