CLÍNICA BUCOEXPERT
Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. Especialistas da Clínica Dental Bucoexpert de Cerceda explicáronnos como debemos cepillar os dentes correctamente, canto tempo hai que dedicar ao cepillado e a cantidade de pasta que debemos usar. Tamén vimos un vídeo moi interesante sobre a importancia de coidar a nosa saúde bucodental e de acudir ao dentista cando é necesario.
Despois fixemos unha parte práctica cun peluche moi divertido, que nos axudou a aprender mellor como cepillar os dentes. Ademais, tanto o alumnado como o profesorado participamos facendo preguntas para resolver todas as dúbidas.
E para rematar, tivemos unha sorpresa: agasalláronnos cun cepillo e unha pasta de dentes.
Moitas grazas a Clínica Bucoexpert por esta actividade tan interesante. Aprendemos moito e pasámolo xenial!