jueves, 27 de noviembre de 2025

 25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O martes 25 de novembro, montamos no vestíbulo do cole O NOSO CINE VIOLETA con un conxunto de consignas previamente elaboradas nas respectivas aulas de infantil e primaria. 

A nosa pretensión foi  lembrar que o  verdadeiramente importante é o respecto a todas e a todos.

               

domingo, 2 de noviembre de 2025

 FESTA DO OUTON0


O xoves 30 de outubro, celebramos a xa tradicional festa do outono. Decoramos o cole coas cabazas que pintamos e tallamos na casa. Cada un trouxo castañas para que asara o castañeiro que nos mandou o concello. Mercamos chocolate para acompañar a merenda. Disfrazámonos. Xogamos no patio aos xogos que preparou o profe Quique. 

Pasámolo xenial como podedes ver no vídeo resumo:

jueves, 23 de octubre de 2025




O mércores 22 de outubro, alumnado de 5º de primaria do noso cole, e alumnado do CPI O Cruce, participaron nun encontro na Vía Verde. Foi dentro do programa "As Novas Xeracións da Vía Verde CTL", organizado pola asociación de concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle en colaboración coa Deputación da Coruña; co obxectivo de coñecer este recurso do territorio.
Saíron da estación de Queixas-Londoño e facendo un percorrido pola antiga vía do tren, chegaron ata a estación de Cerceda-Queixas.

























martes, 21 de octubre de 2025

 


A rapazada de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, acompañados polos respectivos titores e por Suso, viaxaron ata o concello veciño da Laracha. Alí, no CEIP Ramón Otero Pedrayo, tiveron a oportunidade de participar nunha exhibición solidaria  da Garda Civil.






































martes, 17 de junio de 2025

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Nun día moi caloroso, a rapazada do 2º e 3º ciclos de primaria viaxaron ata as Brañas de Valga no concello de Mesía. Alí, na Aula da Natureza e Centro de Interpretación de Brañas de Valga, coñeceron o proceso de extracción de arxila na antiga barreira, que agora está convertida nunha lagoa chea de vida animal. Participaron nun taller de barro e deixaron ben demostrado que a intelixencia artística está máis de moda que nunca no Celso Emilio.






  CLÍNICA BUCOEXPERT  Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. Especialistas da Clínica Dental Bucoexpert de Cerceda e xplicáronnos ...