MANDADIÑOS DE ENTROIDO
domingo, 1 de febrero de 2026
jueves, 22 de enero de 2026
domingo, 21 de diciembre de 2025
CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Agradecemos ao alumnado e familias a participación voluntaria no xa tradicional concurso de postais de nadal.
Damos os parabéns a Noa Lagares Baldomir de 6º de infantil e a súa familia, que deseñaron unha felicitación sinxela e xeitosa.
jueves, 27 de noviembre de 2025
25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O martes 25 de novembro, montamos no vestíbulo do cole O NOSO CINE VIOLETA con un conxunto de consignas previamente elaboradas nas respectivas aulas de infantil e primaria.
A nosa pretensión foi lembrar que o verdadeiramente importante é o respecto a todas e a todos.
domingo, 2 de noviembre de 2025
FESTA DO OUTON0
O xoves 30 de outubro, celebramos a xa tradicional festa do outono. Decoramos o cole coas cabazas que pintamos e tallamos na casa. Cada un trouxo castañas para que asara o castañeiro que nos mandou o concello. Mercamos chocolate para acompañar a merenda. Disfrazámonos. Xogamos no patio aos xogos que preparou o profe Quique.
Pasámolo xenial como podedes ver no vídeo resumo:
jueves, 23 de octubre de 2025
O mércores 22 de outubro, alumnado de 5º de primaria do noso cole, e alumnado do CPI O Cruce, participaron nun encontro na Vía Verde. Foi dentro do programa "As Novas Xeracións da Vía Verde CTL", organizado pola asociación de concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle en colaboración coa Deputación da Coruña; co obxectivo de coñecer este recurso do territorio.
CLÍNICA BUCOEXPERT Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola. Especialistas da Clínica Dental Bucoexpert de Cerceda e xplicáronnos ...
-
O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria acompañados dos seus titores, da profe Cristina e de Suso o coidador, desprázaronse ata...