martes, 17 de junio de 2025

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Nun día moi caloroso, a rapazada do 2º e 3º ciclos de primaria viaxaron ata as Brañas de Valga no concello de Mesía. Alí, na Aula da Natureza e Centro de Interpretación de Brañas de Valga, coñeceron o proceso de extracción de arxila na antiga barreira, que agora está convertida nunha lagoa chea de vida animal. Participaron nun taller de barro e deixaron ben demostrado que a intelixencia artística está máis de moda que nunca no Celso Emilio.






jueves, 12 de junio de 2025

O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria acompañados dos seus titores, da profe Cristina e de Suso o coidador,  desprázaronse ata Santa Comba con motivo da excursión de fin de curso. Alí disfrutaron coas actividades da granxa escola Villa Regina.
























  CONCURSO POSTAIS DE NADAL Agradecemos ao alumnado e familias a participación voluntaria no xa tradicional concurso de postais de nadal.  D...