SEMANA DA PAZ
A última semana de xaneiro dedicámola a celebrar a paz.
Fixemos intercambio de libros de expurgo da biblioteca por alimentos non perecedoiros. Foi todo un éxito. Graciñas á fantástica colaboración das familias recollemos unha morea de alimentos que donamos a Cáritas Parroquial.
Coas fotos das nosas mans pola paz, montamos un mural para decorar o vestíbulo co cole. Diante do mural cantamos todos xuntos un poema que escribiron para nos e que musicaron a profe Diana e o profe Quique.
No seguinte vídeo, tendes un resumo: